O Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo acadou un amplo respaldo dos afiliados situandose, nestes momentos, como único candidato á presidencia da Xunta Directiva Local do Partido Popular. Así o anunciou hoxe, data na que se pecha o prazo para a presentación de avais e de candidaturas.
Deste xeito, o popular, a sete horas de que remate o período para formalizar os apoios, xa tiña superado amplamente os cincuenta avais que fixan, como mínimo, os estatutos, multiplicando por seis esta cifra.
Dado o éxito acadado, o popular quixo trasladar publicamente o “seu agradecemento” a todos os compañeiros e afiliados que lle deron o seu apoio e recalcou que é un home de partido polo que estes avais constituen un reto para él, así como un compromiso e son, unha mostra da ilusión que existe nas bases do partido para que a maquinaria do se engrase e bote a andar, afirmou, de cara a ir preparando os vindeiros procesos electorais.
Concluído o prazo de presentación de candidaturas ante a Comisión Organizadora, fixado no día de hoxe ás 19:00 horas, o que toca, afirmou Carballo “é iniciar a campaña interna”. Deste xeito, tal e como indican as normas do Partido, o 4 maio terá lugar a proclamación de candidato e darase a coñecer a convocatoria de campaña electoral interna. O día 5, o candidato proclamado iniciará a campaña electoral, que rematará o 24 de maio.
A intención de Carballo de cara á campaña é reunirse con todas as bases e militantes populares, tanto da zona urbana como da rural, da que dixo, deixará de ser a gran esquecida.
Ramón Carballo “agarda non defraudar a ninguén e estar á altura do respaldo que recibiu”, porque Lugo, sinalou, “ten que ser o banderín de enganche do partido na provincia”. Por este motivo, anunciou que, a partir de mañá, se porá en contacto con todas persoas que lle deron o seu apoio, e comezará a elaborar unha candidatura, “na que todo o mundo se sinta representado”.