Ramón Carballo da comezo a súa campaña interna, tras confirmarse como o único candidato a presidir o PP municipal

Dende o día de hoxe, e tal e como indican os estatutos do Partido Popular, Ramón Carballo vén de proclamarse candidato oficial a presidir o PP de Lugo. Deste xeito, cumprido o requisito da lectura da acta, o popular dá comezo á súa campaña interna, e faino baixo o lema “Xuntos, Somos Máis”. Así o anunciou no transcurso dunha rolda de prensa, na que compareceu acompañado da Comisión Organizadora, que preside Eugenio Corral.

Carballo subliñou que, ata o día 24, “escoitará a todos os afiliados e recollerá a súas propostas”, pois o seu obxectivo, indicou, é “deseñar un proxecto de Partido máis unido e sólido.

Defendendo o seu lema, Carballo anunciou que nesta campaña estará a plena disposición dos militantes e simpatizantes e que o que busca é un proxecto solvente, integrador, resolutivo, dinámico e adaptado ás necesidades dos cidadáns.

 

Asemade, anunciou que, “ao longo da semana que vén, anunciarei os principais membros da miña candidatura” e afirmou que está buscando “aquelas persoas e perfís que permitan completar o puzzle do proxecto do PP de Lugo que quero e que tanto demandan os lucenses”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com