Raúl López queda libre con cargos despois de pagar 20.000 euros de fianza

O empresario, Raúl López quedou en liberdade na madrugada de hoxe tras pagar unha fianza de 20.000 euros e despois de seis horas de interrogatorio.  A xuíza Pilar de Lara atribúelle delitos contra a facenda pública, branqueo, suborno e tráfico de influencias.

O empresario declarou que na empresa non entrara ningunha partida de diñeiro negro, aínda que a instrutora mostroulle documentación que probaría o contrario.

O fiscal que se encarga da operación solicitou a fianza de 20.000 euros para a súa posta en liberdade. Pilar de Lara retiroulle o pasaporte e obrígalle a comparecer os luns e os mércores no xulgado. Os dez detidos na chamada operación Cóndor, quedaron en liberdade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com