Reabre a biblioteca Isidro Novo

A biblioteca municipal Isidro Novo volve abrir unha vez foi permitido polas autoridades sanitarias. Segundo informou Maite Ferreiro, a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua,  “nesta primeira apertura, só se permitirá o préstamo e devolución de libros pedindo cita previa”.

“Só se permitirá circular por espazos delimitados, mantendo a distancia de seguridade e pedindo á veciñanza que cumpra coas medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias”, informou Maite Ferreiro, que engadiu “o edificio cumpre coas condicións de limpeza e desinfección axeitadas e as obras devoltas cumpren un período de corentena de 14 días”.

A edil de Cultura lembrou que se pode consultar o catálogo da biblioteca no portal biblioteca.lugo.gal. A biblioteca abrirá 11 a 14 horas e de 17 a 20, mais para acudir será precisa cita previa, que se poderá solicitar no teléfono 982 277 414 ou no correo electrónico prestamos@lugo.gal. Maite Ferreiro declarou que os préstamos vencidos durante o estado de alarma ampliaranse até o 12 de xuño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com