Reabren ao público as oficinas de emprego de Galicia

As 54 oficinas de emprego de Galicia reabriron hoxe ao público tras o peche orixinado pola pandemia do covid-19. O director xeral
de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou esta mañá a emprazada en Lugo Sur, na que traballan máis de 40 persoas.
Casal destacou que as oficinas abren en plenas condicións de seguridade e co seu horario habitual, de 9,00 a 14,00 horas, sendo necesario solicitar cita previa para garantir un adecuado control de aforo e acceso e organizar de forma axeitada os servizos á cidadanía.

Sobre a solicitude de citas previas, indicou que se poden pedir desde finais de xuño por calquera persoa interesada, a través do Portal de Emprego Galicia ( emprego.xunta.gal ) ou do servizo de atención telefónica 012. Ademais, a renovación automática da demanda
estenderase ata o vindeiro 30 de setembro, deste xeito evitaranse desprazamentos innecesarios das persoas demandantes de emprego. En todo caso, o director xeral salientou que a Administración autonómica seguirá a fomentar e ampliar os seus servizos non presencias, a través do Portal de Emprego e a aplicación Mobem. Co obxectivo de facilitar á cidadanía a realización destes trámites, desenvolverase polo persoal de orientación un programa específico de titorización dixital para persoas demandantes, así como unha campaña de vídeos informativos sobre as ferramentas e servizos telemáticos.

Axudas por Ertes

Casal, ademais, informou sobre que as axudas da Xunta de Galicia para apoiar a persoas traballadoras incluídas en expedientes de regulación temporal de emprego (Erte) por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción poden solicitarse a partir de mañá. O Diario Oficial de Galicia ( DOG ) publicou hoxe esta medida á que a Administración autonómica destinará 6 millóns de euros.
Os apoios van dirixidos a Ertes que afecten a un máximo de 300 traballadores por centro da empresa con axudas que teñen un dobre obxectivo: compensar a perda adquisitiva das persoas empregadas e darlles formación para o que se lle compensará á empresa os
custos. O prazo de solicitude permanecerá aberto con carácter permanente ata o 31 de outubro de cada exercicio.
A Xunta, ademais, destina 2M€ a axudas para persoas traballadoras con 55 ou máis anos de idade que estean afectadas por eres de extinción derivados de empresas en crise. Este programa publicouse no DOG o pasado 23 de xuño. As dúas medidas adoptáronse nos
Acordos do Diálogos Social. En total investiranse 8M€ para axudar a 9000 familias galegas. Alfabetización dixital

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Xul 01, 2020 - 03:02 PM

    Sin tiempo no es, hartitos deben de estar de no hacer nada, mientras otros no hemos dejado de atenderles en otros servicios. Pero bueno … 2 meses de sentidos aplausos y otros 2 de terraceo, también tiene su mérito.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com