Readaptación na contorna do aparcadoiro exterior do HULA

Co obxectivo de dar resposta a unha forte e vella demanda dos veciños e veciñas tanto da cidade como da provincia, o Concello de Lugo acometerá nos vindeiros días o repintado do aparcadoiro nas inmediacións do Hospital Universitario Lucus Agusti (HULA), medida coa que quedarán habilitadas en total 500 prazas gratuítas. O aparcamento do centro hospitalario deixará de ser lineal e pasará a ser diagonal, quedando dous carrís amplos de circulación en vez de catro, gañando desta forma 150 novas prazas.

Con esta medida de reordenación do tráfico, que axudará á mobilidade, a entidade local investirá 17.000 euros.

Por outra banda, a entidade local está a acondicionar a parcela de titularidade municipal, en fronte ao hospital, para crear outras 330 prazas de aparcamento. Dito proxecto acometerase en varias fases. No pasado mes, o Concello desbrozou a zona para proceder ao movemento de terras e explanar o terreo. Neste caso tomaranse as medidas necesarias para protexer a mámoa achada na finca segundo as disposicións de Patrimonio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com