O programa de actividades de educación ambiental sobre a reserva da biosfera Terras do Miño organizado pola Deputación de Lugo deu comezo onte para o primeiro trimestre do ano cun obradoiro infantil de Nadal no Centro de Interpretación Terras do Miño que se prolongará ata o sábado. Os nenos e nenas participantes desenvolven actividades que promoven a reciclaxe e o coidado do medio. Entre outras tarefas, elaboraron coroas reais, escribíronlles as cartas ás súas Maxestades e fixeron centros de mesa para o día de Reis, todo con material reciclado.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.