Recital de poemas de Manuel María no centro de convivencia de Fingoi

A Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, asistiu este mércores no Centro de Convivencia de Fingoi, ao recital de poemas de Manuel María, autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Nesta actividade, organizada polo Club de Lectura deste centro, participaron unha quincena de persoas.

O Club de Lectura puxo en marcha esta iniciativa hai uns anos para achegar as letras galegas á sociedade a través de actividades que fomenten a participación veciñal, e impulsar ao mesmo tempo o labor do Club de Lectura, un espazo de encontro cultural.

O acto arrincou cunha introdución a cargo dunha representante deste club, Mariana González Ropero, quen deu paso á lectura de poemas, que pechou a edil, antes de proceder a unha análise dos poemas da figura literaria do homenaxeado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com