Reclaman a creación dunha bolsa de vivenda pública cos inmobles da Sareb en Galicia

O BNG defende a creación dunha bolsa de vivenda pública cos inmobles que a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestructuración Bancaria (SAREB) ten en propiedade en Galicia.

Nunha proposta que o goberno provincial presentará para debate no vindeiro pleno – 25 de xaneiro-, a formación nacionalista pide ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) reclamar os activos da SAREB en Galicia para artellar un banco de inmobles que facilite o acceso á vivenda da xuventude e das persoas e colectivos máis desfavorecidos.

O BNG considera que deben ser as administracións competentes en materia de vivenda as que xestionen os activos da SAREB constituída con capital público como parte dos mecanismos para rescatar á banca tras a crise de 2008, empregando estes recursos para garantir o acceso a unha vivenda digna a todas a persoas.

Desde o BNG apuntan que a actuación da Sareb en Burela, onde chegou a poñer en marcha o procedemento para desaloxar 16 vivendas calificadas como de protección autonómica, amosa a necesidade de mudar a fórmula de xestión destes recursos inmobiliario.

En relación coa situación na localidade mariñá, o BNG levou ao Parlamento de Galicia e ao Congreso sendas iniciativas esixindo a continuidade dos alugueiros para as familias afectadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com