Os concelleiros do Grupo Popular colocaron esta mañá macetas con flores ao pé do novo auditorio de Magoi montando a silueta dos 334 días que leva pechado o edificio dende que o Concello recibiu da Xunta as chaves desta infraestrutura, o pasado 23 de xuño de 2020”.
Con esta nova acción reivindicativa os Populares queren lembrar que “tan só faltan 31 días para que se cumpra un ano dende a recepción oficial desta dotación que xa é patrimonio municipal”. O voceiro popular lamentaba que “a estas alturas sigamos sen saber para cando se vai a abrir, descoñecemos o modelo de xestión, os custes do seu mantemento así como o contido que vai ter no futuro”
O PP acusa á alcaldesa Lara Méndez e ao BNG de “despreocupación” e inciden, “a imaxe que hai arestora do edificio: non hai máis que ver como teñen a zona, con maleza de altura, incluso trepando pola valla perimetral que está nalgunha zonas deteriorada e incluso hai puntos onde permite o paso aos cidadáns”.
O voceiro popular invita a todos os lucenses a achegarse ata o edificio para que recollan, e se leven á casa unha das flores coas que fixeron este acto simbólico xa que “así polo menos coñecerán e visitarán por fóra este edificio no que se investiron máis de 20 M€”
Mai 24, 2021 - 06:06 PM
Vergoña vos tería que dar. Eles non queren vos non queredes. E o pobo o fodido e prexudicado. E o auditorio pudriendo, os cartos alleos administrarse moi ben, so os pido SENTIDIÑO a todos!!
Mai 23, 2021 - 08:48 PM
Outra vez ¡Deus! Qué pesadelo. A ver cando reclaman a os “compañeros” todo o roubado a todos nós.
Mai 23, 2021 - 06:10 PM
Es que es inadmisible, tener un Auditorio de ese calibre sin abrir y detereriorandose por el paso del… https://t.co/guLaXcKoYA