Pilar García Porto

Recoñecidos bailaríns participarán en Lugo no sétimo Encontro Internacional de Tango

A Deputada de Cultura Pilar García Porto, inaugurou este xoves na Capela de Santa María o sétimo Encontro Internacional “Tangoliber” que organiza a Asociación Cultural Tango Club Galicia. Esta nova edición celébrase do 21 o 24 de xullo en Lugo e contará coa actuación de parellas de bailaríns líderes en Europa e Arxentina, recoñecidos DJ´s de tango, talleres para todos os niveis, bailes sociais, e outras actividades.

García Porto resaltou a importancia da posta en marcha deste tipo de iniciativas que permiten achegar esta práctica a todos os lucenses e, especialmente, a aqueles que están interesados no tango ou incluso involucrados no eido máis profesional desta disciplina.

Dentro dos obxectivos do Encontro Internacional destacan a inserción da cidade como área de referencia dentro do gran circuíto europeo e mundial, atraer afeccionados e acercar a cultura do tango a poboación ofrecendo actividades abertas e gratuítas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com