Recta final para coñecer o cartaz anunciador do Arde Lvcvs MMXVIII

O Arde Lvcvs MMXVIII entra na recta final para coñecer o seu cartel anunciador. Mañá mércores, 28 de febreiro, ás 12:00 horas, rematará o prazo para a votación popular dos distintos carteis aspirantes a anunciar estas festas, que se presentaron ao concurso de deseño gráfico convocado polo Concello. As persoas interesadas en facelo, poden votar aínda a través través do Facebook oficial destes festexos, www.facebook.com/ardelucuslugo. Para poder realizar a votación soamente é necesario rexistrarse cun enderezo electrónico, o que permite un reconto de votos máis seguro.

Tras esta votación popular, na que compiten 25 obras, un xurado formado por tres persoas expertas seleccionará, entre as 10 de maior puntuación, a obra gañadora. O fallo levarase a cabo este venres, 2 de marzo, ás 11:00 horas na Casa da Xuventude. Como en edicións anteriores, o premio para o gañador ou gañadora ascende a 1.000 euros e será a imaxe oficial desta festa declarada de Interese Turístico Nacional, que terá lugar os días 15, 16 e 17 de xuño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com