Mañá martes ás 20.00h terá lugar na Casa da Cultura de San Cibrao un acto divulgativo, organizado por Mariña Patrimonio e o Concello de Cervo, sobre a sauna do castro da Atalaia. Ao longo desta actividade o arqueólogo que dirixiu a intervención arqueolóxica, Emilio Ramil, informaranos do que se coñece a día de hoxe sobre esta monumental sauna da Idade do Ferro, redescuberta recentemente no transcurso dunhas obras de mellora nunha rúa da Atalaia
Pola súa banda, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, falará sobre as xestións que o Concello leva feito para protexer esta xoia arqueolóxica así como os posibles pasos para recuperar este importante ben patrimonial.