Refuxiados sirios, politólogos e expertos participaron no debate sobre Alepo

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, participou este luns na mesa redonda, Alepo, a penúltima vergoña da humanidade, que tivo lugar ás 19:00 horas na Sala de Exposicións, no Museo Provincial de Lugo, para conversar sobre dita cidade siria, que se converteu en campo de batalla das diferentes faccións enfrontadas na longa guerra deste país. Ademais, con este acto, clausuráronse as exposicións La mancha de humedad e Mulleres en Turquía, mostras que formaron parte no ano 2016 do programa Culturas en diálogo da Rede Museística Provincial de Lugo.

García Porto subliñou que “dende as institucións temos que comprometernos, a axudar a toda esta xente que foxe da guerra en busca dun novo fogar e oportunidades para as súas familias. Con este debate, visibilizamos o problema dos refuxiados e intentamos sensibilizar á poboación, pois os Museos, tamén son instrumentos de cambio social”.

Para ilustrar a mesa redonda proxectáronse fotografías realizadas por Pedro Cantero xusto antes de comezar o xenocidio e o conseguinte éxodo da poboación cara destinos, teoricamente, máis seguros.

Mesa redonda

No debate, interviñeron o Director do Centro de Educación Permanente de Adultos do C.P. Monterroso, Pedro Cantero, o Tradutor do C.P. Monterroso e experto en culturas mediterráneas e orientais, Alí Lhana Díaz, o Director de programas do C.P. Penitenciario de Monterroso, Víctor Fraga Gayoso, un estudante de Socioloxía na Universidade Central de Venezuela, Nour Salih Chami, o refuxiado sirio residente na Coruña, Ahmad Llovia, a Politóloga e máster en Estudos Internacionais da USC, Nour Al-Houssen, e a Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago.

24 horas en Alepo

Son unha serie de fotografías realizadas por Pedro Cantero xusto antes do comezo da masacre; a memoria fotográfica dunha cidade cosmopolita e multicultural, con recunchos como a Cidade Vella (Patrimonio da Humanidade), a Cidadela de Alepo, a Gran Mezquita ou  igrexas católicas, entre outros monumentos.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com