Rego visita Parga para escoitar a veciñanza sobre o futuro das vías da liña ferroviaria que atravesa a vila

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, visitou a Parga para teren unha xuntanza coa veciñanza da vila que decidiu rexeitar o proxecto de eliminación dos pasos a nivel que divide a vila en dous. A formación nacionalista comprometeuse a presentar iniciativas na cámara estatal para que o Ministerio e Adif escoiten as veciñas e veciños e revisen o proxecto presentado pola plataforma veciñal dunha variante da liña.

Na vila lucense de Parga existe unha plataforma veciñal chamada “Parga Non Se Divide” que decidiu rexeitar o proxecto de eliminación do paso a nivel que divide a vila en dous. Os motivos para rexeitalo, segundo trasladou a veciñanza ao deputado do BNG no Congreso, é que se instalaría unha ponte por riba das casas e isto “non elimina a actual problemática”. As únicas posibilidades viábeis para a plataforma veciñal é que se manteña tal e como esta ou que se leve a cabo unha variante exterior que permita a permeabilidade de Parga.

“Existe un proxecto presentado pola plataforma dunha variante da liña que eliminaría, de maneira definitiva, a fenda histórica que divide a vila. Este proxecto que eles presentan é viábel tecnicamente posto que está elaborado por un técnico da materia” explica o deputado nacionalista. Por este motivo, Néstor Rego comprometeuse a rexistrar iniciativas no Congreso co obxectivo de que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda e Adif escoiten a veciñanza e contemplen o proxecto presentado.

A división da vila veríase afectada polo proxecto que presenta Adif e inclusive agrava a situación posto que “consistiría en construír un paso subterráneo á altura do paso central e a substitucións dos outros dous pasos por pasos peonís”. A vila de Parga vería como a liña que a atravesa é valada e fisicamente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com