O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, informou do inicio dos traballos de adecentamento e asfaltado na rúa Río Sar, no barrio da Cheda. Segundo afirmou Alexandre Penas, “o inicio desta actuación estaba previsto para iniciarse no mes de marzo, máis a crise sanitaria do COVID-19 obrigounos a pospoñelo”.
A concellería de Infraestruturas Urbanas realizará un asfaltado da rúa con mestura en quente. Segundo o edil de Infraestruturas Urbanas, “trátase dunha actuación moi demandada pola veciñanza e necesaria para mellorar a imaxe do entorno, xa que se trata da última rúa do barrio da Cheda que quedaba por asfaltar”.