Remata a renovación da sinalización horizonal da rolda leste e dun tramo da LU-530 en Lugo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou os traballos de renovación da sinalización horizontal na Rolda Leste e nun tramo da estrada autonómica LU-530 (Lugo-A Fonsagrada) no municipio da capital.
En concreto, actuouse en preto de 3 quilómetros da LU-530, entre o cruce coa estrada do Rato e o enlace coa autovía A-6, e nos 2,4 quilómetros de lonxitude do tramo construído da Rolda Leste (LU-021). O orzamento ascendeu a 17.715 euros. Repintáronse todas as marcas viarias para dotar de maior seguridade ao tráfico, especialmente nos puntos nos que conflúen peóns e vehículos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com