Remata o ano cun repunte de casos activos con 45 novos positivos

O ano 2020 remata cun novo repunte no número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou esta maña que os positivos detectados nas últimas 24 horas na provincia de Lugo son 45 máis que onte, o que eleva o número de infectados a 444.

O total de número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.680, deles 1.029 son da área da Coruña,  573 da de Ourense, 816 da de Pontevedra, 1.137 da área de Vigo, 1.369 da de Santiago, e 312 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 296 en unidades de hospitalización e 5.329 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 55.910 persoas curadas, rexistrándose 1.393 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.113.655.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com