Rematadas as obras de mantemento e mellora de accesos en Toldaos

O Concello de Triacastela informa do remate do proxecto de mantemento e mellora de accesos en Toldaos que permitiu que varios camiños públicos cun firme deficiente conten agora con pavimentación. A actuación, solicitada polo Concello de Triacastela, enmárcase no Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020 promovido pola Consellería do Medio Rural, a través de Agader. O investimento foi de 32.662 euros, financiados integramente pola Xunta de Galicia.

As obras, que se prolongaron durante tres meses, permitiron actuar en tres camiños que se atopaban moi deteriorados pola súa antigüidade e as inclemencias meteorolóxicas e por ser vías de acceso moi transitadas ao conectar con numerosas parcelas da localidade.

En concreto, arranxouse o Camiño de Vilares, o Camiño Aira Muíña e o Camiño en Xuste, todos eles en Toldaos. Os tres son camiños de acceso a parcelas agrarias tiñan un firme deficiente e, tras as obras, contan cun pavimento de formigón armado, o que permitirá mellorar o tránsito de vehículos. A actuación tamén incluíu obras de drenaxe mediante a reapertura de cunetas.

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, destaca a importancia destas obras “que van colaborar, sobre todo, para que os gandeiros vexan melloradas as condicións para realizar as súas actividades”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com