Rematadas as obras do albergue de Ferreiros

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto coa delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitaron hoxe o albergue de Ferreiros tras a finalización das súas obras de reforma. A intervención realizada neste albergue da Rede Pública do Camiño Francés, en Paradela, levou consigo un investimento de preto de 30.000 euros.

A actuación implicou a construción dun aseo independente adaptado para persoas con discapacidade, a reforma da zona de acceso, a separación do lavadoiro-tendedeiro da cociña e o peche da zona destinada a persoas de control do albergue.

A responsable de Turismo da Xunta afirmou que o feito de ter unha rede perfectamente estruturada e habilitada para a acollida dos peregrinos resulta fundamental xa que, segundo sinalou, o Camiño de Santiago converteuse no produto estrela de Galicia e o noso principal elemento captador de turismo internacional, e destacou á forte progresión ascendente que esta a experimentar o número de peregrinos que realizan cada ano a Ruta Xacobea.

Nova sinalización

Por outra parte, Nava Castro recordou outra das accións que está a levar a cabo Turismo de Galicia para a mellora do Camiño Francés: a nova sinalización. A directora de Turismo de Galicia explicou que se trata dunha intervención que contribúe a mellorar a información que desde a Comunidade Autónoma ofrécese aos peregrinos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com