Rematan as consultas para sacar a licitación as obras para acadar unha solución que remate coas néboas da A8

As consultas preliminares para buscar unha solución que remate co problema das néboas na A8, no alto O Fiouco, tocan ao seu fin. Hoxe, 28 de xaneiro, tivo lugar a última xornada informativa no Ministerio de Fomento coas empresas, universidades e interesados en aportar ideas para a solución a este problema. Isto débese ao suficiente grao de avance das propostas recibidas e ao cumprimento dos requisitos de participación e idoneidade establecidos para o seu peche.

O Ministerio de Fomento reuniuse con preto de 40 persoas, pertencentes a un total de 17 empresas do ámbito das infraestruturas e da I+D, e representantes de 6 organizacións e universidades relacionadas co sector. Ata o momento, 22 participantes rexistraron as súas propostas de acordo ao procedemento. Con todo, o prazo segue aberto para que os participantes interesados poidan presentar as súas propostas ou completar e actualizar as xa entregadas, antes de que se produza o peche da consulta, que será proximamente anunciado no Boletín Oficial do Estado

Os resultados da Consulta permitirán concretar as prescricións técnicas e administrativas para o desenvolvemento e experimentación con prototipos en campo, no marco da Compra Pública Innovadora, para a futura contratación de prototipos dos sistemas de protección antinéboa que se licitará en 2016.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com