Mauricio Repetto Morbán, Presidente da Asociación de Mozos Empresarios (AJE Lugo) presentou hoxe a súa dimisión deste cargo tras dar o salto á política municipal. Así o confirmou a propia asociación, mediante un comunicado no que xustifica esta decisión no “respecto, a honestidade e na transparencia” así como no Código Deontolóxico do colectivo que establece a despolitización do mesmo.
Repetto, presentado onte como número 6 da candidatura de Lara Méndez para as vindeiras eleccións municipais, levaba dous anos e medio exercendo como presidente de AJE Lugo nos que, segundo indica o colectivo, fixo “un gran labor”. O expresidente puxo especial énfase en manter unha relación fluida coas institucións, dar visibilidade á asociación coa organización de múltiples eventos e actividades de gran repercusión, practivar o networking que fortalece relacións entre o tecido empresarial e dar respaldo á valía dos emprendedores.
Desde a asociación que deixa, trasládanlle os seus mellores desexos e lle auguran un gran éxito na súa nova aventura.