Representantes de En Marea, mantiveron unha xuntanza co persoal sanitario do Courel

Representantes de En Marea, mantiveron unha xuntanza co persoal sanitario dos centros de saúde de Folgoso do Courel e Seoane do Courel e visitaron a Feira de Pedrafita onde segundo un comunicado da plataforma, “comprobaron a cara e a cruz da realidade na montaña de Lugo”, unha realidade que deixa en evidencia que o medio rural galego ten todo o necesario para crear un medio rural vivo e con valor engadido pero para iso é necesario que a “Xunta de Galicia asuma o seu papel”. “Feijóo prometeu que esta ía ser a lexislatura do rural e está a ser a lexislatura do despoboamento, do desmantelamento e estrangulamento do medio rural” denunciou Villares.

Nas xuntanzas mantidas en Folgoso, Seoane co persoal sanitario do centro de saúde o grupo puido comprobar a total desatención e falla de persoal dos centros de primaria, tanto persoal médico como enfermerías. Durante o verán a non substitución do persoal nas vacacións provocou desprazamentos a Monforte e Lugo para realización de servizos básicos como a realización de curas. Comprobouse tamén a carencia de servizos como ambulancia medicalizada está a supor unha grave carencia para á veciñanza.

En Marea defende que non poden existir cidadáns de primeira e de segunda e o dereito a saúde ten que ser garantido con independencia do lugar onde se resida. “A aposta polo rural pasa pola aposta polos servizos e mellora o que implica unha discriminación positiva para o rural algo que non se está a producir desmantelamento do rural, da área sanitaria e da atención primaria e especializada”.

Así mesmo, o grupo parlamentario de En Marea presentará unha serie de iniciativas para mellorar as instalacións da Galescola do Courel e esixir á Xunta de Galicia que retomen os servizos de autobús existentes antes do plan de transportes que quedaron reducidos a unha viaxe diaria cando antes tiñan dúas e anularon as viaxes de fin de semana o que provoca o illamento aínda máis importante da veci

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com