A covid segue sen estabilizarse na provincia de Lugo, a tres días de baixada de casos, séguelle, de novo, unha xornada de suba. Malia que non é un aumento moi acusado, retrotrae á provincia aos niveis do pasado sábado.
E é que, segundo revela o último informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte, a cifra de casos activos aumentou en 10 persoas, chegando ás 161. Esto débese hoxe en gran parte aos 16 novos positivos detectados, 7 máis que na xornada anterior, e ao descenso das altas médicas que se cifra en 6 nas últimas horas.
Así, dende o inicio da pandemia, na provincia de Lugo contaxiáronse do virus 13.117 persoas das que 12.735 xa recibiron a alta e outras 216 faleceron.
Aumenta tamén hoxe a presión asistencial. E é que o HULA suma un ingreso en planta chegando aos 4 pacientes covid en unidades convencionais e un que continúa na UCI.
Con todo, e malia suba dos contaxios os dous grandes cribados realizados na última xornada non atoparon ningún caso novo. Tanto o realizado en Castroverde a máis de 300 persoas logo de se detectar un gromo esta fin de semana vinculado a unha reunión familiar. Neste caso, as pescudas iniciaron tras detectar once positivos na localidade e que logo afectou a veciños da capital. Con todo, dende a xerencia da área sanitaria precisan que a evolución dos gromos é estable e está acotada.
Neste mesmo senso, a Deputación informaba esta mañá que as probas diagnósticas da covid realizadas a todos os traballadores da institución que tiveron contacto co cineasta Oliver Laxe nun acto realizado o pasado martes, deron todas negativo.