Ás 10:00 horas desta mañá o CIAE recibía a chamada do persoal da confraría de pescadores de Ribadeo. Indicaban que unha embarcación con dous tripulantes a bordo se estaba indo a pique e que os dous tripulantes xa foran recollidos por outra embarcación da zona.
Con estes datos, pasouse aviso de inmediato a Salvamento Marítimo e informouse á sa de GardaCostas de Galicia, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade. O mesmo alertante indicaba que as dúas persoas tiñan moito frío polo que serían necesarios medios sanitarios. Por ese motivo, tamén se puxo en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, que desprazou ao porto de Ribadeo unha ambulancia medicalizada.
Persoal de Salvamento informou ao 112 Galicia que o afundimento produciuse entre Rinlo e a entrada da ría de Ribadeo, fronte aos Placebos. Trátase dunha embarcación de madeira de nove metros de eslora dedicada ás artes menores, con base en Ribadeo. Unha vía de auga, parece ser a causa do afundimento.
Os dous náufragos foron trasladados polos servizos sanitarios ao Centro de Saúde da localidade con síntomas de hipotermia, un deles xa foi dado de alta e o outro foi derivado ata o centro hospitalario Jarrío (Asturias) por ser natural de Navia.