Rescatan a un home que quedou atrapado ao caer por un terraplén en Cervantes

Os servizos de emerxencia desprazáronse a pasada tarde a Vilasante, en Cervantes, para rescatar a un home que rematou atrapado nunha zona de difícil acceso despois de caer por un desnivel duns tres metros. O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da chamada de alerta dunha persoa particular ao fío das 7 menos vinte da tarde. Ata o lugar dos feitos achegáronse os efectivos do GES de Becerreá, os voluntarios de Protección Civil de Cervantes, os Bombeiros de Sarria, os axentes da Garda Civil e persoal sanitario.

Deste xeito, os efectivos de emerxencias internáronse na maleza e cortaron a abundante vexetación na que quedou atrapado o home. Segundo informou o 112 Galicia, unha vez liberado e rescatado, o servizo sanitario evacuou ao varón ao redor das 20:00 horas a un centro médico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com