Rescatan dun sumidoiro o corpo sen vida dun home en Rábade

A información chegou ao 112 Galicia ás 22:45 horas da pasada noite mediante o aviso dos axentes da Garda Civil que solicitaban axuda para liberar o corpo da persoa o cal se atopaba nun sumidoiro a un par de metros de profundidade. Así o explicaban aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia que, rapidamente, puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Eume e dos membros do GES de Friol.

Os Bombeiros do Eume xunto cos membros do GES de Friol foron os encargados de retirar o corpo da persoa falecida que estaba atrapada nun sumidoiro a dous metros de profundidade no Polígono Industrial de Rábade.

Deste xeito, o corpo do falecido, que se atopa en avanzado estado de descomposición, foi rescatado polos equipos de emerxencia desprazados ata o punto, os cales informaban que debido ás dimensións da arqueta foi necesario cortar un tubo para poder acceder á persoa.

Polo momento, descoñécense as circunstancias que rodean ao suceso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com