Os efectivos de emerxencia rescataron esta tarde un ancián que caeu nun lugar de difícil acceso en Sarria. O home precipitouse a un silveiral no lugar de Santo Estevo, na parroquia de Maside. Levaba en paradoiro descoñecido dende as 13:30 horas de hoxe.
Unha persoa particular localizou á vítima e chamou ao 112 Galicia ás 17:30 horas pedindo axuda para rescatalo. Ademais, segundo indicou, o varón precisaba asistencia sanitaria.
Dende a central de emerxencias do 112 alertouse decontado aos Bombeiros de Sarria e a Urxencias Médicas. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil.
Tras ser rescatado polos Bombeiros, o ancián foi trasladado ao PAC da localidade.