A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de informar de que a partir das 16 horas de hoxe, mércores 4 de decembro, quedou restablecida a circulación na estrada LU-642, no municipio do Incio, que se viu afectada por un desprendemento.
Polo momento a circulación está condicionada polo que deberá efectuarse polo carríl dereito desta vía, para o que está disposta a correspondente sinalización de emerxencia e a regulación do tráfico con semáforos. A incidencia localízase no punto quilométrico 23+390, nun treito en curva, situado entre a capitalidade do concello e o núcleo de A Ferrería.
A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) continúa traballando no lugar no que se produciu o desprendemento, con persoal técnico e maquinaria pesada, para avaliar a solución máis axeitada para garantir o restablecemento total da circulación o antes posible, situación complicada pola inestabilidade do terreo.