A Deputación de Lugo restableceu a normalidade nos máis de 4.200 quilómetros que conforman a rede viaria provincial. E fixoo solventando centos de incidencias producidas durante a fin de semana, relacionadas coas choivas; así como no día de hoxe, cando os problemas máis graves foron causados pola acumulación de neve e xeo, que superou os 5 centímetros.
Concretamente, o organismo provincial actuou en vias de Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Cervantes, A Pastoriza, Barreiros, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Muras, Mondoñedo, Ribadeo, Samos, Vilalba, Viveiro e Xermade. As incidencias atendidas estiveron relacionadas, na súa maioría, con cortes producidos por balsas de auga, fochas, arbores caidas ou desprendementos, así como por placas de xeo e acumulación de neve.
O organismo provincial manterá activado o operativo de inverno, composto por 112 operarios e 64 máquinas, para solventar calquera tipo de problema existente nas estradas da provincia e garantir a circulación.