O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos informa de que hoxe ás 11.30h a Brigada de Aguas do Concello de Lugo deixou reparada a avaría detectada na Rúa Serra Gañidoira e procedeu a restablecer o subministro de auga en dita zona.
Así mesmo, “Non se descarta ter que realizar un novo corte durante a xornada de hoxe debido a melloras na rede e que, en todo caso, sería por un breve espazo de tempo”, explicou Santos que aproveitou para desculparse e lamentar as molestias causadas aos veciños e veciñas que tiveron que pasar o día de onte sen auga nas suas casas.
Feb 25, 2020 - 01:08 PM
Menuda altura de miras, cando para decir algo e saír nos medios, ten que decir eso. Capacidade política xe chama para min eso.