Restriccións de tráfico no barrio da Milagrosa debido á adaptación do novo Plan de Tráfico

Segundo comunican dende a área de Infraestruras Urbanas e debido aos traballos de adaptación do novo Plan de Tráfico da
Milagrosa, o vindeiro 17 de xuño está previsto realizar o cambio de ubicación dos semáforos, polo que o control de tráfico nos cruces será realizado pola Policía Local. De cara a realizar os traballos tamén se pechará á circulación un carril, para permitir a colocación da maquinaria necesaria.

O edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, indicou “que con esta nova ordenación do tráfico mellorará a transitabilidade da zona e dará axilidade á circulación”. Nesta reordenación, as rúas Xulia Minguillón e Mallorca cambiarán de sentido “creando así unha supermazá que una a avenida da Coruña e Yañez Rebolo, permitindo o xiro en sentido horario”, indicou Alexandre Penas.

Na Avenida da Coruña, modificarase o acceso á praza Agro do Rolo, a través dunha nova incorporación, a cal agora está habilitada provisionalmente para os buses urbanos. Ademais, noutras rúas mudarase o sentido da circulación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com