Retirada de paneis informativos

O concelleiro de Infraestruturas do Concello de Lugo Alexandre Penas, informou que, durante esta semana, a Brigada de Obras municipal procedeu a retirar unha serie de valados de obras nas rúas Zarra, Pomar, República Arxentina, Mestre Méndez e na Ronda de Fingoi.

Estes valados son colocados mentres se desenvolve a obra para identificar á entidade promotora é a empresa encargada de realizar os traballos. Penas afirmou que “desde a concellería de Infraestruturas retiramos unha serie de valados de obras antigas, cuxo prazo para estaren colocados xa pasou hai tempo, co que melloramos a estética das zonas afectadas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com