Retirados os orzamentos da Deputación de Lugo

Retirados os orzamentos da Deputación de Lugo para o 2016. Foi no trascurso do pleno extraordinario celebrado esta mañá no ente provincial para debater as alegacións presentadas ás contas públicas.

O Partido Popular e o deputado non adscrito Manuel Martínez sacaron adiante cos seus 13 votos fronte os 12 de socialistas e nacionalistas as alegacións presentadas polo PP. Con todo, a polémica xurdiu trala aprobación dunha alegación presentada por Martínez acerca da creación dunha residencia no concello de Becerreá, que tamén foi aprobada cos votos del mesmo e polos populares.

Na redacción desa proposta apelábase á “inmediata retirada dos orzamentos” para incorporar o texto da alegación. Membros do Goberno e a oposición iniciaron nese intre un cruzamento de acusacións. Dunha banda, o presidente da Deputación, Darío Campos, entendeu que a aprobación desa proposta implicaba a inmediata retirada das contas públicas, mentres que a oposición sostiña que esa frase só instaba ao Goberno a correxir a anterior redacción e incorporar a alegación de Martínez.

Os orzamentos foron retirados. A voceira dos populares, Elena Candia presentou xa no rexistro da Deputación un documento no que se incorpora á redacción orixinal dos orzamentos as alegacións dos populares e do deputado non adscrito e anuncia que pedirá a convocatoria dun pleno extraordinario para se aprobe dito documento e a provincia poida ter aprobadas as súas contas públicas. O presidente ten 15 días de prazo para convocar ese pleno extraordinario. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com