Reuinión en Chantada de representantes sindicais de HOTUSA e traballadoras do SAF con Rodil

Olalla Rodil, mantivo encontros en Chantada con representantes sindicais de HOTUSA e coas traballadoras do SAF. As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar que permanecen en folga para defender este servizo público do concello.

As representantes sindicais da empresa HOTUSA explicáronlle á candidata do BNG, Olalla Rodil, como se veñen sucedendo despidos de xeito continuado nesta empresa asentada en Chantada que, segundo Rodil, “é un exemplo da precariedade laboral encuberta, con salarios baixos e sen posibilidade de ascenso nin promoción profesional”. Olalla Rodil sinalou “trátase dunha empresa que factura máis de 1.000 millóns de euros anuais pero que non é capaz de retribuir suficientemente ás traballadoras e traballadores que ben moi mermados os seus dereitos laborais no día a día”.

Na xuntanza participaron tamén, Iago Súarez que é integrante da candidatura do BNG ao Parlamento Galego por Chantada e o voceiro do BNG en Chantada, André Labandeira.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com