Reunión da alcaldesa cos empresarios do polígono da Louzaneta

A Alcaldesa, Lara Méndez, reuniuse cos empresarios da Louzaneta, nun encontro mantido na explanada do antigo concesionario de Renault, na estrada vella de Santiago. Nel, a rexedora comunicoulles que o Concello destinará no Orzamento de 2016 unha partida de 108.000 euros co fin de elaborar un plan especial de ordenación para a zona, esto é, un instrumento de desenvolvemento urbanístico no que quedará definida a situación actual do polígono –as rúas, beirarrúas, naves existentes e parcelas edificables- e que resulta imprescindible para regularizar o complexo como zona industrial, así como o seu desenvolvemento, e a mellora e a dotación de novos servizos a través dun plan de urbanización, que se encargarían xa de sacar adiante as propias empresas.

Lara Méndez comunicou aos industriais que a empresa pública municipal Evislusa, a través dunha encomenda de xestión do Concello, será a encargada de realizar o plan especial, para o que se utilizará como base un levantamento topográfico xa existente, que elaboraron os propios empresarios da zona e foi revisado polos servizos de enxeñería municipais.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com