Membros da plataforma “Lugo non perdas o tren” mantiveron unha xuntanza coa deputada luguesa do PSdeG-PSOE Margarita Pérez Herraiz, e o senador lucense, Ricardo Varela, onde puxeron de manifesto a súa preocupación polo abandono da alta velocidade na provincia de Lugo.
Na xuntanza, os socialistas presentáronlle a esta Plataforma as diferentes iniciativas presentadas, tanto no Congreso como no Senado, para reclamar mellores comunicacións na provincia.
Pérez Herraiz e Ricardo Varela cualifican de moi “positivo que as diferentes asociacións e plataformas se interesen e reivindiquen o que levamos denunciando e reclamando dende o Partido Socialista dende hai anos, diante de tódalas administracións pertinentes”.