Reunión de Ana G. Abelleira coa veciñanza de Galegos para recoller as demandas do barrio

Ana González Abelleira, mantivo unha reunión con veciños e veciñas de Galegos, para recoller algunhas das súas demandas e tamén coñecer a súa opinión sobre as últimas actuacións acometidas polo Concello de Lugo, concretamente na mellora de instalacións deportivas e en materia de transición ecolóxica.

O encontro, que se enmarca na rolda de reunións que a concelleira está a ter nos distintos núcleos rurais do municipio, contou coa asistencia de máis de sesenta veciños e veciñas de Galegos. Entre as demandas que trasladaron á edil, figuran unha mellor regulación do tráfico; aparcamento nas marxes dos viais; mellora da iluminación en zonas escuras, e a sinalización de rúas.

Ana González Abelleira comprometeuse a trasladar estas peticións aos correspondentes servizos do Concello de Lugo. Asemade a reunión serviu tamén para que a concelleira soubera de primeira man as opinións da veciñanza de Galegos en canto ás ultimas actuacións acometidas no barrio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com