Reunión de seguridade previa á tractorada na Rolda da Muralla

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, presidiu esta tarde, na sede da Subdelegación, a reunión dunha mesa técnica para coordinar os aspectos relacionados coa seguridade e o tráfico durante a tractorada e as concentracións que a asociación Agro Muralla levará a cabo dende o vindeiro xoves, 10 de decembro, na capital lucense. No encontro, ademais do subdelegado do Goberno, participaron representantes de Agro Muralla -convocantes da acción de protesta-, da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Nacional, a Policía Autonómica e a Policía Local.

Na xuntanza precisouse o percorrido e o lugar de estacionamento dos tractores -en primeiro lugar na zona de Sanfiz, para logo trasladarse ata a Rolda da Muralla, onde ocuparán un dos carrís- para así poder deseñar os dispositivos de tráfico e de seguridade cos que garantir, por un lado, o dereito constitucional de reunión e manifestación do colectivo e, por outro, o mantemento da orde, a seguridade cidadá e a libre circulación de vehículos, especialmente dos servizos de emerxencias. Insistiuse, neste senso, en que debe quedar plenamente garantida a prestación dos servizos esenciais para a poboación, o que supón asegurar  o paso de ambulancias, bombeiros, policía ou urxencias médicas. Tampouco se deberán obstaculizar, segundo se tratou esta tarde, os accesos ás rúas que conflúen na Ronda. Os representantes da asociación organizadora espuxeron ademais a súa intención de deixar libres as entradas a aparcadoiros públicos e privados.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com