Ribadeo desvela o cartel anunciador da súa festa indiana

Comeza a conta atrás para a celebración do V Ribadeo Indiano, que terá lugar do 6 ao 8 de xullo. O cartel evoca os tellados das casas indianas, “que son unha identidade notable”, en palabras da concelleira de Turismo, Ana Martínez. As inmediacións do Concello acolleron a presentación do cartel.

Martínez explicou que “hoxe toca xa desvelar este cartel presentación do Ribadeo Indiano 2018. Aínda que se foron dando certos perfís do que ía ser este cartel hoxe por fin aquí a organización, o Concello de Ribadeo e a asociación de comerciantes de Ribadeo (ACISA), queremos presentar oficialmente este cartel que dará o pistoletazo de saída ao Ribadeo Indiano 2018, xa na súa quinta edición. Evoca, como ben podedes ver, esa festa, eses tellados, esas casas indianas, que son unha identidade notable de Ribadeo”.

A edil ribadense comentou que “como estamos xa a piques de principiar esta festa e todo o que supón tamén a nivel cultural e de recuperación desa historia da emigración desde aquí queremos convidar á xente a que se vaia preparando (as súas roupas, os seus traxes, …) para participar de cantas actividades se vaian presentar. Aínda estamos a pechar a programación e polo tanto non vamos adiantar os actos que haberá durante eses días, pero si dicir que, como xa é un referente, o segundo fin de semana do mes de xullo (os días 6, 7 e 8) estaremos en Ribadeo gozando entre todos e todas desta magnífica festa, deste magnífico evento, de todo o que supón vir ao Ribadeo Indiano”.

A concelleira de Turismo tivo tamén palabras de agradecemento: “non me quero tampouco esquecer neste momento de agradecer a moita xente que de xeito anónimo e desinteresado levan colaborando con este proxecto, que non é soamente festivo senón tamén cultural e de recuperación histórica, porque hai 5 anos arrancábamos dun xeito dubidoso, non sabíamos que podería traer este Ribadeo Indiano e como podedes ver non trae máis que éxito na recuperación de arquivos, de memoria, de festa e, desde logo, de identidade da nosa terra con ultramar, con América, con esas outras terras de acollida. Polo tanto aquí quero tamén deixar patente, e que quede moi clariño, ese agradecemento á xente que, desde o principio e segue facéndoo moita dela, colaborou para que o Ribadeo Indiano fose un éxito, como o é xa, é un referente na comarca, no país e creo que xa soa en ultramar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com