Ribadeo e o ‘Panchorro’ serán centro do Surf mundial

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, o patrocinado, Jaime Perozo, xunto aos organizadores do evento, Oscar García e Eric Ribiere, presentaron esta mañá no Parador de Turismo de Ribadeo o Illa Pancha Challenge.  Trátase dun evento de surf no que 24 profesionais de prestixio internacional tentarán surfear o Panchorro: unha onda duns 20 metros que se produce fronte a illa Pancha. O Goberno converteu a Deputación na principal administración colaboradora cunha achega de 12.000 euros.

Campos Conde destacou que “este evento vai contar cunha gran repercusión internacional, pois espera reunir na Mariña durante a súa celebración a unhas 7.000 persoas, así como acadar máis de 150.000 visitas na web que retransmitira en directo a proba deportiva. Trátase dun escaparate único que servirá para dar a coñecer a nosa provincia en xeral e a Mariña en particular máis alá das fronteiras do país, unha gran oportunidade para dinamizar e promover turisticamente a nosa provincia. Deste xeito, Lugo converterase durante uns días na capital mundial do surf”.

“Na Mariña temos as características perfectas para celebrar este tipo de eventos: máis de 100 quilómetros de costa e case 20 puntos destacados para a práctica de surf, o que fai da costa lucense un destino de excepción para deportistas e amantes das ondas de todo o mundo”, apuntou.

Así, no Illa Pancha Challenge haberá un grande equipo de medios audiovisuais de distintos puntos de Europa que cubrirán esta proba deportiva. Tamén se emitirá en streaming a través da páxina: http://illapanchachallenge.com/. Ademais da axuda económica, a Deputación colaborará no evento a través da TIC que se encargará de dar soporte audiovisual e cubrir o evento.

O Panchorro

As ondas mínimas para que o campionato se leve a cabo son de 7 metros, aínda que se espera que o Panchorro oscile entre os 15 e 20 metros. Unha das características máis salientables desta onda é a súa proximidade coa costa, propiciada polas particularidades do fondo da illa, xa que noutros lugares de Galicia podemos atopar ondas desta magnitude, pero normalmente a varios quilómetros da costa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com