Ribadeo estreará este venres a súa pista de xeo natural XL

Ribadeo contará, dende este venres, 21 de decembro, e ata o 7 de xaneiro, por cuarto ano consecutivo cunha pista de xeo natural XL. O prezo das entradas será de 6 euros, pero aquelas persoas que fagan compras no comercio local asociado a Acisa a partir de 20 euros ou que consuman na hostalería local obterán un desconto do 50%. A novidade deste ano é que haberá sesións nocturnas de patinaxe os venres e os sábados de dez a doce da noite, acompañadas de música. A pista de xeo natural é unha iniciativa do Concello e de Acisa. Na presentación que tivo lugar esta mañá participaron o alcalde, Fernando Suárez, e as concelleiras de Turismo e Xuventude, Ana Martínez e Vanesa Yanes, así coma o xerente e o vicepresidente de Acisa, Jesús Pérez e Juan Andina, e o vogal da asociación Ramón Loredo.

O rexedor declarou: “qué mellor que combater este frío que vai haber neste Nadal, que con esta pista de xeo e coa calor que vai xerar tantísima xente que vai pasar aquí outro ano máis, neste caso vai ser a cuarta edición deste pista de xeo natural, de xeo XL, que imos montar en Ribadeo mao a mao, como sempre facemos, o Concello de Ribadeo e máis a asociación de comerciantes ribadense”.

Para Suárez Barcia “hai que ter en conta que Ribadeo compite nisto coas grandes cidades porque, que saibamos, ningunha vila mediana ou superior en poboación ao noso concello ten a pista de xeo, témonos que ir ben lonxe de aquí, en grandes capitais, para poder disfrutar de todo isto. Para os nenos, para os pequenos e as pequenas, e para os adultos porque é unha actividade transversal que, durante unha serie de días durante o Nadal, imos poñer aquí en Ribadeo”.

O alcalde contou que “mantemos os prezos do ano pasado e mantemos a filosofía. Non soamente traemos isto para que a xente o pase ben, que desde logo que si, pero sobre todo traémolo para que a xente compre no pequeno comercio, asociado de Ribadeo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com