Ribadeo leva 2 semanas sen pediatra a tempo completo no centro de saúde

Os socialistas de Ribadeo denuncian que levan sen pediatra 2 semanas no centro de saúde porque o Sergas non cubre a tempo completo unha baixa por enfermidade. Actualmente, a Xunta envía distintos médicos a facer a substitución, algún deles non ten a especialidade en pediatría, algún día á semana. Isto provoca que haxa unha lista de espera moi alta porque o facultativo que está non pode cubrir en 1 ou 2 días a carga de traballo que facía o médico que está de baixa en 5.

O PSOE censura que aos nenos non se lles atende en urxencias polo que os pais téñennos que levar a especialistas particulares e pagar ditas consultas. Os socialistas informaron que o pediatra do centro de saúde de Ribadeo atende a preto de 1.300 nenos de Ribadeo.

A candidata do PSOE á alcaldía de Ribadeo, Marta Rey, subliñou que “os veciños non estamos recibindo a sanidade que nos merecemos, que non é outra, que un servizo público, gratuíto e de calidade. Os continuos recortes por parte do PP na Xunta de Galicia están deteriorando sustancialmente o noso servizo público sanitario e están provocando que, como neste caso, as familias de Ribadeo teñan que recorrer a clínicas privadas para que os seus fillos sexan atendidos”.

A socialista lamentou que esta situación “está a repetirse nos últimos anos e o Partido Popular non fai nada por atallar o problema. Esiximos ao Sergas que cubra de inmediato a praza de pediatría e teña máis respecto polas familias da Mariña. Se de verdade queren defender o rural que deixen de suprimir servizos públicos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com