‘Ribadeo nos Une’ non cobrará salarios se chega ao goberno municipal

O candidato á Alcaldía ribadense da lista independente Ribadeo nos Une, Ramón Acuña, e o número 2, Antonio Vicente Fernández, asinaron hoxe ante notario que en caso de gobernar non cobrarán soldos das arcas municipais.
Acuña engade que os salarios do actual alcalde e dos concelleiros do goberno local que perciben do Concello supoñen un gasto de 600.000 euros nos catro anos deste mandato e considera que ese diñeiro débese destinar a cubrir necesidades do municipio.
Ramón Acuña explicou que “dentro da liña que nos propuxemos de mellorar as cousas, cremos que hai que facer un compromiso que alcance a toda a cidadanía e que entenda que o diñeiro público sae dos nosos impostos e hai que gastalo da mellor maneira posible”. Acuña resaltou ademáis o compromiso feito polos candidatos  da lista independente de non ter ningunha remuneración salarial do Concello en caso de alcanzar o goberno ou de ter que facerse cargo dalgunha delegación.
O candidato á Alcaldía de Ribadeo nos Une comenta que “a nosa situación persoal neste momento, tanto do número 1 como do número 2, está fóra de toda dúbida, debido a que estamos xubilados. E cremos que, ademais de que xa estamos a cobrar un salario bastante digno, o noso tempo hai que cedelo á cidadanía e que todos sexamos partícipes dunha melloría. Aínda que é certo que nós queremos con este acto, que foi simbólico e de compromiso xa que non fai falta asinar un poder notarial como nós fixemos, que as cousas queden claras. E ademais é un compromiso que entendemos que debería ser secundado por todos aqueles que esperan alcanzar a Alcaldía do noso municipio, para que desa maneira enténdase por parte de todos que o feito de estar no Concello non é para que as nosas economías persoais aumenten senón de facer un servizo para o pobo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com