O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez anunciou esta mañá que ven de enviarlle á Xunta de Galicia, ás alegacións que presenta ao plan de conservación do monumento natural da praia das Catedrais.
Asemade pídese que se suspenda a proposta do establecemento dun cupo de acceso ao areal, e que como alternativa se habilite a presenza dun posto de control que impida a entrada a determinadas zonas, se a capacidade de carga se atopa ao máximo permitido.
O Concello solicita que se inicie o estudo de viabilidade para declarar ese espazo coma parque natural, e que se fomente a participación e implicación dos axentes económicos e sociais, no deseño das medidas que complementen o plan de conservación e facelos protagonistas na súa transmisión e execución.
Fernando Suárez: