Ribeira Sacra Breogán enfróntase esta noite ao Valladolid mentres Club Deportivo Lugo visita ao Betis o domingo

Ribeira Sacra Breogán espera o partido desta noite contra o Valladolid, no Polideportivo Pisuerga que dará comezo ás nove. O sábado, tras unha mañá de recuperación, o equipo adestrará en pista de sete a oito e media.

O domingo, día de partido, haberá pista para unha sesión de traballo de doce a unha, e o equipo partirá de novo cara o Pisuerga onde xogará o cuarto partido da serie ás sete da tarde.

Pola súa banda, O Club Deportivo Lugo visita ao Real Betis no estadio Benito Villamarín de Sevilla, o domingo dezasete de maio dende as seis e cuarto, segundo informou a Liga de Fútbol Profesional o pasado luns.

O partido corresponde á trixésimo oitava xornada da Liga Adelante e será televisado en directo por La Sexta con emisión en toda España.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com