O candidato socialista ao Senado pola provincia de Lugo, Ricardo Varela, salientou que se Pedro Sánchez é finalmente o vindeiro Presidente do Goberno de España, os socialistas se comprometen a “derrogar con carácter inmediato, os aspectos da reforma laboral do Partido Popular“, ao entender “que establece un modelo de emprego precario e de baixos salarios, así como un sistema de relaciones laborais sen equilibrio de poder entre traballadores e empresarios”.
Varela defendeu ademais que “o Partido Popular realizou o ataque máis brutal dende a democracia ao modelo de relacións laborais existente no noso país. Hai máis paro, máis precariedade, máis desproteccións dos traballadores e unha maior caída salarial”.
Unhas declaracións que o candidato socialista realizou no trascurso dunha mesa sectorial sobre emprego, que tivo lugar na Casa Sindical de Lugo, e na que tamén participaron o Conseller de Traballo Balear, Iago Negueruela, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o voceiro provincial socialista, así como Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos. Xuntos abordaron as principais propostas do PSOE en materia de emprego.