Rivera Capón: “O PP ten que vir a Láncara a facer menos fotos e a traballar máis ”

O Alcalde en funcións de Láncara, Pablo Rivera Capón emprazou hoxe ao voceiro do PP da localidade e ó Delegado Territorial da Xunta a traballar máis polos veciños, e facer menos fotos. Rivera Capon fixo esta afirmación tras coñecer as súas declaracións, publicadas nos medios, nas que sinala que a Xunta inviste 2, 1 millóns na vila. 

Rivera Capón remarcou que “a Xunta leva anunciado dende fai 28 anos proxectos que a día de hoxe están sen materializar e para os que todo son problemas”. Sinala que “a senda peonil que volven a anunciar non ten nin proxecto, está sen adxudicar e sen licitar, e dubidamos que estea lista antes das eleccións municipais. É normal que os veciños nos custe crer que este proxecto se faga realidade algún dia, despois de ser anunciado, insisto durante 28 anos”.

Tamén aludiu ao investimento ao que alude o voceiro popular sobre a aportación da Xunta a Láncara. Neste punto advirte “que debeu sumar todos os investimentos que fixo a administración Autonómica dende os comezos da democracia ata hoxe, para que lle dean as contas”.

Rivera Capon afirma “si Láncara hoxe está en marcha é grazas ao investimento real e directo do Goberno da Deputación de Lugo. As actuacións que o Executivo Provincial levou a Láncara no 2016 conta cun investimento de 360.000; e no 2017 achegará con 550.000 euros”, explicou.

Ademais citou proxectos orzamentados como a humanización da zona próxima á estación de tren; a dotación dunha pista multideportiva na zona próxima ao Club Fluvial; ou as melloras no rural como a apertura de cunetas e no arranxo do firme con rego asfáltico de estradas en Toldaos, Monseiro, Cedrón, Vilouzán, Vilarello, Lama e Ronfe. Asemade Capón lembrouque “A Deputación asume os custos laborais de 4 peóns de servizos múltiples e 1 monitor de tempo libre; así como a asistencia a 30 maiores de Láncara, aos que non ofrece asistencia a Xunta de Galicia”. A os que hai que sumar os tres mil euros para “a XIX edición da Feira Degustación da Tenreira Galega .Por último sinalou que “dende o Concello ofrecemos a nosa colaboración para traballar folo futuro dos veciños de Láncara, pero con proxectos reais e con orzamento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com