Rober Bodegas e Manuel de Lorenzo participan mañá no Festival lucense de Retranca

A xornada de mañá día 10 do Festival da Retranca, achega a Lugo ao escritor best-seller vigués Pedro Feijoo e máis o xornalista Kiko Novoa a partires das oito da tarde no MIHL.

Unha hora máis tarde, será o turno do humorista Róber Bodegas e o músico Manuel de Lorenzo dialogarán no Museo do parque da Milagrosa arredor do humor en todas súas cores. Xa ás once, a retranca farase de oído grazas aos Impresenteibols, unha banda de humor-jazz, que ofrecerá o seu espectáculo na Praza do Campo.

A Carpa das Letras Retranqueiras, instalada na Praza Maior, ofrecerá unha escolma da literatura nacional e internacional, mentres os establecementos da cidade participantes no festival, seguirán ofrecendo tapas e cervexa artesanal.

O chef Santi Almuíña, presentará as Xornadas de Alta Gastronomía con Retranca, que se desenvolven no Mesón Colón, e onde os pratos, cuxos ingredientes o restaurador mantén en secreto, non son o que parecen, pretendendo deste xeito potenciar a imaxinación dos comensais.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com