Olalla Rodil, estivo hoxe facendo campaña en Muras, ao que puxo como exemplo da “xestión enerxética que aplicaremos a partir do 12 de xullo para construír unha nova Galiza”.
Coa chegada ao goberno local do nacionalista Manuel Requeijo en 2015, “este concello do Xistral converteuse no primeiro de Galiza en asumir parte do pago do recibo da luz da veciñanza cos impostos procedentes dos parques eólicos, un modelo que o BNG extendeu este mes de maio ao Valadouro ao impulsar unha liña de axudas co mesmo obxectivo”.
A candidata do BNG afirmou que “o goberno da Xunta de Galiza con Ana Pontón á cabeza traballará tamén para conseguir unha tarifa eléctrica galega, que permita reducir o prezo da enerxía e compensar o impacto ecolóxico e medioambiental que ten a produción de enerxía neste país, non só nos eólicos se non tamén na auga ancorada”. Unha tarifa eléctrica galega, que 2reduza as peaxes do transporte de enerxía para compensar o forte impacto ambiental e social derivado da súa produción, é un dos eixos centrais do programa do BNG en materia de enerxía e desenvolvemento dos sectores produtivos”. Neste ámbito a formación nacionalista aposta na promoción das enerxías renovables,como medio de reducir a contaminación.